Aviso Legal

O presente aviso legal (no sucesivo, o "Aviso Legal") regula o uso do servizo do portal de Internet http://www.th-p.com (no sucesivo, a "Web") de Thenaisie Provote, S.L. inscrita no Rexistro Mercantil de Pontevedra: Tomo 2456, Folio 59, Folla PO-25591 - Cif B36344257 e con domicilio social en Arrufana, 321-Louredo. CP: 36415-MOS (Pontevedra), España.

Uso e acceso de Usuarios
O emprego do sitio Web atribúe a condición de usuario do sitio Web (no sucesivo, o "Usuario") e implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste Aviso Legal na versión publicada por Thenaisie Provote, S.L. no momento mesmo en que o Usuario acceda ao sitio Web. En consecuencia, o Usuario debe ler atentamente o presente Aviso Legal en cada unha das ocasións nas que se propoña empregar o sitio Web, xa que aquel pode sufrir modificacións.

O Usuario queda informado, e acepta, que o acceso á presente Web non supón, en modo algún, o inicio dunha relación comercial con Thenaisie Provote, S.L.

Thenaisie Provote, S.L. resérvase o dereito de efectuar sen previo aviso as modificacións que considere oportunas no seu sitio web, podendo cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se presten a través da mesma como a forma na que estes aparezan presentados ou localizados nos seus servidores.

Lexislación
O uso do sitio Web atópase sometido igualmente a todos os avisos, regulamentos de uso e instrucións, postos en coñecemento do Usuario por Thenaisie Provote, S.L. que substitúen, completan e/ou modifican o presente Aviso Legal.

Con carácter xeral as relacións entre Thenaisie Provote, S.L. cos Usuarios dos seus servizos telemáticos, presentes na Web, atópanse sometidas á lexislación e xurisdición españolas.

Para calquera cuestión litixiosa ambas as partes, Thenaisie Provote, S.L. e o Usuario, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense á xurisdición e competencia exclusiva dos Xulgados e Tribunais de Vigo.

Os dereitos de propiedade intelectual do contido do sitio Web, o seu deseño gráfico e códigos son titularidade de Thenaisie Provote, S.L. e, polo tanto, queda prohibida a súa reprodución, distribución, comunicación pública, transformación ou calquera outra actividade que se poida realizar cos contidos do sitio Web nin sequera citando as fontes, agás consentimento por escrito de Thenaisie Provote, S.L.

Igualmente, todos os nomes comerciais, marcas ou signos distintos de calquera clase contidos no sitio Web Thenaisie Provote, S.L. son propiedade dos seus donos e están protexidos por lei.

Contido do sitio web e ligazóns (links)
Thenaisie Provote, S.L. non se responsabiliza do mal uso que se realice dos contidos do seu sitio Web, sendo exclusiva responsabilidade da persoa que accede a eles ou os empregue.

Thenaisie Provote, S.L. non asume responsabilidade ningunha pola información contida nos sitios Web de terceiros á que se poida acceder por ligazóns ou buscadores do sitio Web de Thenaisie Provote, S.L.

A presenza de ligazóns no sitio Web de Thenaisie Provote, S.L. ten unha finalidade unicamente informativa e en ningún caso supón suxestión, invitación ou recomendación sobre as mesmas.

Política de protección da intimidade
Mediante este aviso, Thenaisie Provote, S.L. informa aos usuarios do seu sitio Web sobre a súa política de protección de datos de carácter persoal (no sucesivo, "os Datos Persoais") para que os Usuarios determinen libre e voluntariamente se desexan facilitar a Thenaisie Provote, S.L. os Datos Persoais que se lles poidan requirir ou que se poidan obter dos Usuarios con ocasión da subscrición ou alta nalgúns dos servizos ofrecidos por Thenaisie Provote, S.L. no sitio Web ou a través do sitio Web. Thenaisie Provote, S.L. resérvase o dereito a modificar a presente política para adaptala as novidades lexislativas ou xurisprudenciais así como a prácticas da industria. Nestes supostos, Thenaisie Provote, S.L. anunciará nesta páxina os cambios introducidos con razoable antelación á súa posta en práctica.

Protección de datos de carácter persoal
De acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo de que os datos persoais que se obteñan como consecuencia do seu rexistro como Usuario, serán incorporados ao ficheiro WEB titularidade de Thenaisie Provote, S.L., e que ten como finalidade a xestión da información de contacto intercambiada cos usuarios do sitio Web tendo implementadas as medidas de seguridade establecidas no Real Decreto 1720/2007, do 21 de decembro.

Thenaisie Provote, S.L. proporciona aos Usuarios os recursos técnicos adecuados para que, con carácter previo, poidan acceder a este aviso sobre a Política de Privacidade ou a calquera outra información relevante e poidan prestar o seu consentimento a fin de que Thenaisie Provote, S.L. proceda ao tratamento automatizado dos seus Datos Persoais. Agás nos campos nos que se indique o contrario, as respostas ás preguntas sobre Datos Persoais son voluntarias, sen que a falta de contestación implique unha perda na calidade ou cantidade dos servizos correspondentes, a menos que se indique outra cousa.

O rexistro destes datos ten por finalidade a mellor relación con Thenaisie Provote, S.L., axilizar o proceso de compra e envío, mantelo informado en todo momento de calquera incidencia nas súas compras - ademais de novos contidos, ofertas e descontos especiais que cremos que poidan ser do seu interese - , ampliar os nosos coñecementos sobre os seus intereses e preferencias, sobre produtos e servizos que nos poida demandar.

O Usuario garante que os Datos Persoais facilitados a Thenaisie Provote, S.L. son veraces e faise responsable de comunicar a esta calquera modificación nos mesmos.

Igualmente, poderá dirixir as súas comunicacións e exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición no enderezo de correo ordinario dirixido a Thenaisie Provote, S.L., Ref. LOPD, Arrufana – Louredo, 321. 36415 Mos (Pontevedra). Para exercer estes dereitos e en cumprimento da Instrucción 1/1998, do 19 de xaneiro, da Axencia de Protección de Datos, cómpre que vostede acredite a súa personalidade fronte a Thenaisie Provote, S.L. mediante o envío de fotocopia de Documento Nacional de Identidade ou calquera outro medio válido en Dereito. Non obstante, a modificación ou rectificación dos seus datos de rexistro poderase realizar no propio sitio Web identificándose, previamente, co seu usuario e contrasinal, no caso de dispor o sitio Web deste mecanismo de identificación.

Cookies
A óptima funcionalidade do sitio Web de Thenaisie Provote, S.L. baséase no emprego de cookies, polo que é recomendable que o seu navegador acepte cookies. Os cookies son pequenos ficheiros de datos que se xeran no seu ordenador, que nos permiten coñecer a data e a hora da última vez que nos visitou. A información obtida a través delas en ningún caso pode ser asociada a un usuario en concreto e identificalo.

Medidas de seguridade
Thenaisie Provote, S.L. adoptou os niveis e medidas de seguridade para a protección dos datos persoais instalando nos seus sistemas e ficheiros as medidas técnicas necesarias para garantir o tratamento confidencial dos datos, evitar a súa perda, alteración e acceso.

Non obstante, o Usuario debe ser consciente de que as medidas de seguridade en Internet no son inexpugnables.

Aceptación e Consentimiento
O Usuario declara ter sido informado das condicións sobre protección de datos persoais, aceptando e consentindo o tratamento automatizado dos mesmos por parte de Thenaisie Provote, S.L., na forma e para as finalidades indicadas no presente Aviso Legal.