Propiedades Saudables

Propiedades Saudables das Conservas de Peixe

As nosas conservas de peixe azul (sardiñas, xoubiñas, cabalas ou atúns) teñen un alto contido en Omega3 que ten efectos beneficiosos como os seguintes:


Diminuír o risco de padecer unha doenza cardiovascular.

Mellorar o control do peso favorecendo o aumento da resistencia insulínica.

Mellorar a función pulmonar.

Axudar durante o embarazo e a lactación, prevén ao bebé o desenvolvemento de alerxias e incide positivamente no seu desenvolvemento mental.

Estudos recentes revelan que a súa inxestión habitual evita a acumulación no cerebro dunha proteína amiloide asociada coa doenza do Alzheimer.



As nosas conservas de peixes teñen un significativo contido en fósforo, gozando dunha excelente dixestibilidade. As sardiñas e xoubiñas cómense normalmente coas súas espiñas o que supón unha boa fonte de calcio e vitamina D que facilita a súa absorción. Son unha boa fonte de calcio para as persoas con casos de osteoporose ou os intolerantes á lactosa.


O ácido oléico que incorporan os aceites que usamos ten importantes beneficios que preveñen enfermidades cardiovasculares e a opacidade das nosas latas favorece a conservación dos nutrientes fotosensibles (vitaminas A e K, a piroxidina, e os ácidos fólicos) tan beneficiosos para o organismo.


Baixo o efecto da calor na cocción das nosas conservas, as proteínas e os amidóns hidrolízanse, o que facilita a súa dixestión.

 

Así pois, consumindo as nosas conservas de peixes, todo son vantaxes: comodidade, seguridade, hixiene, nutrición e sabor.