As Nosas Marcas

O atún, o bonito, as sardiñas, as xoubiñas e as cabalas son familias de peixes traballadas en distintas preparacións e formatos que poderás atopar no noso catálogo.


As conservas de mexillóns, berberechos, ameixas e navallas son mariscos fabricados tradicionalmente e que ao igual que os cefalópodos e outros preparados como o surimi ao allo ou semiconservas como as anchoas en aceite de oliva, permitiranche descubrir o mellor do mar e das nosas rías galegas.