Mercado Internacional

ThP no Mercado Internacional

 

A vocación exportadora acompáñanos desde os nosos inicios en 1904. Desde entón, coidamos con esmero a calidade dos nosos produtos e velamos pola confianza que durante anos os nosos clientes depositaron en nós a través das nosas políticas baseadas en:


Servizo...sempre ao seu dispor

Experiencia...máis de 100 anos de traballo aportan unha visión diferente

Calidade...o segredo de por qué sempre repiten

Confianza...aválanos unha estrutura organizativa sólida, aválannos as excelentes referencias dos nosos clientes e acredítanos máis de 100 anos fabricando conservas de peixe e levándoas a todo o mundo!!

Adaptabilidade: en canto a produtos, marcas e formatos, fórmulas de traballo e colaboración, costumes e normativas dos diferentes países Pregúntenos, estaremos encantados de axudalo.

Transparencia…sempre en contacto co cliente e compartindo información e esforzos, traballando xuntos como verdadeiros socios  


Todo isto deunos a capacidade para poder estar presentes en máis de 40 países de Europa, América, África e Asia. Sabemos chegar a calquera parte do planeta e facémolo.