A Empresa

Thenaisie Provote (THP) é un grupo conserveiro especializado na produción de todo tipo de conservas de peixes e mariscos. Na súa marca principal, Grandes Hoteles, poderás atopar unha gran variedade de produtos da maior calidade.



Un pouco de historia

A xa centenaria historia de Thenaisie Provote comeza en 1904 cando o francés de Nantes Henry Chancerelle decide instalar a súa fábrica de conservas no Grove (Galicia), situación que se conserva na actualidade. Uns anos máis tarde, as familias francesas Thenaisie e Provote pasan a formar parte tanto dos accionistas como da xestión da conserveira.


En 1967 nace Thenaisie Provote, S.L., unha sociedade con practicamente todo o seu capital español que, a día de hoxe é xa totalmente galego.


Apoiada en dous piares fundamentais, a orientación ao cliente e a aposta pola innovación, o grupo Thenaisie Provote experimentou un crecemento estable e consolidado ao longo deste últimos anos, ofrecendo toda a súa capacidade de produción tanto en marcas propias como de distribuidor aos principais distribuidores do mundo. Únete a nós: queremos seguir medrando contigo.