Conservas sen Conservantes

Conservas sen conservantes

 

A nosa técnica de conservación permite a segura conservación dos peixes e mariscos sen necesidade de engadir conservantes nin outros aditivos, usando unicamente na súa elaboración os ingredientes das receitas tradicionais que gardan o sabor e as texturas de sempre.


¿Cómo conseguimos evitar o uso de conservantes?

 

Unha vez pechadas, as nosas latas de conserva son sometidas a un proceso de esterilización por calor en autoclave. A calor destrúe as bacterias e outros microorganismos prexudiciais e crea un baleiro que facilita o peche hermético, impedindo a contaminación. Todo o proceso, que inclúe o enchido e selado das latas, é realizado automaticamente nos nosos centros de produción. En todo o proceso non se empregan nin se engaden elementos químicos ou conservantes doutra natureza.


Unha vez esterilizadas as latas, e mentres estas non se abran, os peixes e mariscos contidos nelas manteranse inalterados durante un tempo prolongado. Por lei, as nosas conservas de peixes non teñen unha data de caducidade senón unha data de consumo preferente.


A data de caducidade implica que unha vez superada a data impresa no produto, este podería causar danos na nosa saúde. Pola contra, a data de consumo preferente só indica que unha vez superada, o produto podería ter perdido algunha das súas calidades ou non ser enteiramente satisfactorio; isto quere dicir que o produto podería ser consumido aínda que non debería ser comercializado coa data de consumo superada.