Valores Nutricionais

As conservas de peixes e mariscos aportan, ademais de sabor e variedade, todas as calidades nutritivas dos produtos do mar.


As calidades nutricionais das conservas débense principalmente ao valor nutritivo do produto envasado. O peixe, polo seu contido en proteínas, materia graxa, vitaminas e sales minerais, constitúe un dos máis importantes recursos alimentarios de primeira orde.


Nas conservas as vitaminas son idénticas que nos produtos cociñados. É notable a presenza de vitaminas B2 e B3 e particularmente a cantidade de vitaminas A e D nas de peixes graxos (sardiña, atún, salmón…).

 

Descubre os valores nutricionais dos nosos produtos.


Sardiña

Cabala

Cefalópodos

Bivalvos

Surimi